Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / Subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá

Subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá

Ano publicación:
2016
Resumo:

Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das subvencións ás entidades locais de Galicia, para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, de forma individual ou de forma conxunta mediante o sistema de xestión compartida, coa finalidade da súa implantación e/ou da consolidación dos existentes.

Estes servizos de atención temperá estarán constituídos exclusivamente polo conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios desta subvención os concellos de Galicia, as agrupacións ou asociacións deles, mancomunidades de concellos e consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal, ben de xeito individual, ou ben mediante xestión compartida. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Ligazón:
Temática: