Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / Axudas destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade

Axudas destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade

Ano publicación:
2016
Resumo:

Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva e de carácter non periódico.

A finalidade destas axudas é a de colaborar en determinados gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2016, destinados a:

  • Facilitar a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal.
  •  Facilitar a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal.

Unicamente poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.

Ligazón:
Temática: