Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / Como se rexistra unha entidade e que entidades poden rexistrase?

Como se rexistra unha entidade e que entidades poden rexistrase?

Resumo:

O proceso de rexistro no Portal de Produtos de Apoio – Axudas Técnicas para entidades é sinxelo. Chega con premer no botón “Rexístrate” que aparece en todas as pantallas.

Dende a nova páxina deberá seleccionar o perfil co que se desexa rexistrar, neste caso entidade, e cubrir o formulario de alta. No caso de entidades, a maior parte dos datos a aportar son obrigatorios, xa que a intención é poder ter un conxunto amplo de información da mesma, de cara a aportar información ás persoas usuarias que poidan consultar a información da web.

O proceso de rexistro require dunha validación previa por parte de persoal autorizado da Consellería de Traballo e Benestar, unha vez confirmada a solicitude a entidade poderá acceder ao seu perfil privado e levar a cabo as diversas operacións que ten á súa disposición.

Os tipos de entidades contemplados nestes momentos é o seguinte: ONG, Servizo médico, Servizo social, Administración, Universidade.

Temática: