Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / Como publico un produto de apoio no catálogo web?

Como publico un produto de apoio no catálogo web?

Resumo:

Para poder publicar un produto de apoio ou axuda técnica no catálogo desta plataforma web, o que a empresa precisa facer é rexistrarse previamente. Unha vez rexistrado terá acceso ao seu perfil persoal privado desde o cal poderá acceder a un formulario de rexistro de produtos na plataforma.

Cubrindo os datos que se precisan para dar de alta o produto, as esixencias neste caso son as maiores posibles de cara a ofrecer un servizo informativo de calidade, o produto pasará a formar parte do catálogo do portal web estando vinculado sempre á empresa que o rexistrou.

Desde ese intre o produto poderá ser consultado polas persoas usuarias que visiten a web e, se algunha delas está rexistrada, existirá a posibilidade de que se estableza un diálogo entre demandante / cedente e empresa para contactar e solicitar máis información do produto publicado.

Temática: