Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / Como podo publicar un anuncio?

Como podo publicar un anuncio?

Resumo:

Para poder publicar un anuncio dun produto de apoio ou axuda técnica nesta plataforma web, o que a persoa usuaria precisa facer é rexistrarse previamente. Unha vez rexistrado terá acceso ao seu perfil persoal privado desde o cal poderá acceder a un formulario de rexistro de anuncios na plataforma. Cubrindo os datos que se precisan para dar de alta o anuncio, canta máis información se aporte sempre será mellor de cara ao usuario, o anuncio pasará a un estado de validación por parte de persoal interno da Consellería de Traballo e Benestar.

Trala revisión do anuncio, e podendo solicitar algunha corrección ou aportando melloras, o anuncio será autorizado pasando a formar parte da área de consulta da web. Desde ese intre o anuncio poderá ser consultado polas persoas usuarias que visiten a web e, se algunha delas está rexistrada, existirá a posibilidade de que se estableza un diálogo entre demandante e cedente para usar de novo ese produto de apoio anunciado.

Temática: