Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / En que consiste o servizo de asesoramento?

En que consiste o servizo de asesoramento?

Resumo:

O portal de Produtos de Apoio – Axudas Técnicas pon a disposición da persoa usuaria un servizo de asesoramento interno e de balde.

Ademais da sección de preguntas frecuentes que a web pon á súa disposición, a persoa usuaria rexistrada terá a posibilidade de lanzar preguntas privadas que precisen de asesoramento por parte deste servizo interno. Todas as cuestións serán atendidas por profesionais cun amplo coñecemento e experiencia dentro do ámbito da discapacidade, ofrecendo un trato axeitado e sabedor de todas as dúbidas que se propoñan.

O proceso de asesoramento esixe cubrir nun formulario unha serie de datos persoais extra non presentes no perfil privado da persoa usuaria que axudarán ao persoal encargado de dar a resposta a ter un coñecemento maior da persoa á que van atender.

Temática: