Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / Como me rexistro no portal?

Como me rexistro no portal?

Resumo:

O proceso de rexistro no Portal de Produtos de Apoio – Axudas Técnicas para persoas usuarias cedentes e demandantes é sinxelo. Chega con premer no botón “Rexístrate” que aparece en todas as pantallas.

Desde a nova páxina deberá seleccionar o perfil co que se desexa rexistrar, neste caso cedente / demandante, e cubrir o formulario de alta. Será obrigatorio cubrir unha serie de campos para a súa identificación, pero canta máis información poida aportar sempre será mellor.

Unha persoa usuaria cedente / demandante poderá indicar a súa clasificación CIF de discapacidade, o que axudará de cara a unha mellor xestión dos datos e orientación dos anuncios, teléfono de contacto, dirección postal, ... todos estes datos poderán ser tratados polo servizo de asesoramento para facilitar moito mellor o manexo e xestión das necesidades propostas.

Temática: