Icona Menú
Inicio / Wikiasistencia / Como solicitar un produto de apoio ou axuda técnica?

Como solicitar un produto de apoio ou axuda técnica?

Resumo:

Para poder solicitar un produto de apoio ou axuda técnica nesta plataforma web, a persoa usuaria débese rexistrar previamente.

Unha vez rexistrada terá acceso ao seu perfil persoal privado, desde o cal poderá ver os anuncios publicados por outras persoas usuarias que ofrezan produtos de apoio. Mediante a ferramenta de busca de contidos poderá localizar aqueles anuncios que encaixen coas súas necesidades. Unha vez atope o anuncio que desexe terá á súa disposición un sistema de comunicación privada co/a usuario/a cedente para poder preguntar por ese produto en concreto e ver as condicións da cesión.

Todas as mensaxes publicadas só poderán ser lidas polos dous interlocutores da conversa. Outra opción será acudir ao catálogo de produtos de empresa. Neste catálogo poderanse localizar tamén produtos de apoio, e mediante o mesmo sistema de comunicación interna, a persoa usuaria poderá contactar coa empresa para pedir información do produto consultado.

A persoa usuaria terá tamén á súa disposición os datos da empresa, sendo libre establecer contacto desde fóra desta ferramenta.

Temática: